Dúbidas

Como será? Será tal e como a imaxinei? Estará sempre a rir, como lle pasa cando falamos por teléfono? Como vestirá? Será a súa voz tan doce como semella? Falará moito? Que fará en canto me vexa? Escapará a correr? Abrazarame? Quedará quieta e muda coma unha estatua? Enfurruñarase por darlle unha sorpresa? E que farei eu? Serei quen de reaccionar? Ou quedarei coma unha parva, cravada ao chan e mirándoa? E os demais? Que pensarán? Que farán? Pensarán que son unha tola por ir dar aló? Serei capaz, tan sequera, de subir ao autobús que me levará ata xunto dela? E serei capaz de despedirme chegado o momento? Que pensará ela? Ignorarame? Enfadarase? Alegrarase? Poderei abrazala? Bicala? Dicirlle que a botei de menos? Quererán as palabras saír da miña boca? Poderei sobrevivir aos nervios previos á viaxe?
Só hai algo que sei seguro, ela é quen garda o meu ventrículo esquerdo. Por algo será.

No hay comentarios:

Publicar un comentario