Un soño....

Ás veces un estúpido soño chega para estremecer o noso sólido mundo e incluso para derrubar os altos edificios que construiramos. Verte na miña cabeza, falándome daquel xeito foi suficiente para desenterrar todas aquelas emocións que cría esquecidas. Por favor, non volvas a atarme. Aínda que só sexa en soños, déixame ser libre e facer todo aquilo que me está vedado na vida real. Non quero volver a ser unha marioneta nas túas mans.

No hay comentarios:

Publicar un comentario