Excursión ao teatro.


Levántase o telón e a función dá comezo. O escenario está a escuras e comeza a escoitarse unha música maina. O canon de Pachelbel. Ilumínase todo pouco a pouco pero os actores non saltan a escena. Só hai dúas persoas no patio de butacas, sentadas a cada lado do corredor central. A ausencia de acción fai que se crucen unha mirada de estrañeza. A música vai subindo de volume. As dúas espectadoras levántase das súas butacas e suben ao escenario. Alí bailan ao son da música. Bailan apaixonadamente fundidas nunha danza eterna. O público incorpórase e rompe en aplausos emocionados. Cae o telón lentamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario