Eu quero

Coma dúas pingueiras de auga. Quero fundirme contigo. Quero sentirte tan preto de min que a pel deixe de ser unha fronteira entre nós. Que o meu sangue difunda ás túas arterias, que os meus alvéolos recollan o CO2 que ti expulsas, que os meus músculos se continuen cos teus formando unha rede tan tupida que sexa imposible de atravesar. Quero sentirte dentro de min, de xeito a distancia que nos separe se vexa reducida a un truco da imaxinación. Quero que a túa saliva sexa o único que proben os meus beizos, que a túa pel sexa todo o que os meus dedos poden tocar, e que sexan os teus dedos os que estimulen as miñas fibras sensitivas. Quero que ao abrir os ollos só poida ver as túas negras pupilas ollando as miñas. Quero...

Sei ben o que quero, pero non sei quen es ti. Non sei se o que quero son as túas pupilas, ou esoutras, ou aquelas de máis alá. Quero volver a sentir, pero non sei con quen quero sentilo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario