
Shh.... Non chores máis. Tranquila. Eu vou estar aquí. Todos estaremos. Non te imos deixar soa nin por un minuto. Pero non sigas chorando. Tes que ser forte. Tes que sobrepoñerte a todo isto e loitar. Non podes renderte. Non, non te rendas. Tes que gañar esta batalla. Esta é a loita máis importante da túa vida. E contas co noso apoio. Pero nós nada podemos facer sen ti. Por favor, non te rendas. Loita con nós e xuntos plantarémoslle cara.
No hay comentarios:
Publicar un comentario