1.10.09 - 31.05.10

Como pode ser que algo que semellaba tan monstruoso se convertese nisto? Non son os meus beizos os que pronuncian esta frase, pero non quero que remate. Ver os teus ollos cada mañá, camiñar coma un zombie, ser un disco duro ateigado de datos, chamuscar a lingua con café, descoñecer a cama, ser amante de Testud, desexar que as miñas noites sigan estando rodeadas de esfenoides, hematíes, coláxeno, de ti... Hiperpolarizarme, ollar o mundo dende o tubérculo de Lisfranc, verme horripilante ante a teratoloxía, ser infinitesimalmente reversible, descarboxilarme, deixar de estar baixo a curva da normal, pero sempre contigo. Todo iso que eles ven como un mundo alleo, é o meu mundo, o noso mundo. E este mundo si que ten botón de "pause". E contra o que era de agardar, cambieille as pilas ao mando a distancia para que non o faga.
Son un animal de costumes, e ti xa formas parte da miña rutina.

.

Que no se infiltre el virus de la duda



Si lo que quieres es vivir cien años
No pruebes los licores del placer.
Si eres alérgico a los desengaños
Olvídate de esa mujer.
Compra una máscara antigás,
Manténte dentro de la ley.
Si lo que quieres es vivir cien años
Haz músculos de cinco a seis.

Y ponte gomina que no te despeine
El vientecillo de la libertad.
Funda un hogar en el que nunca reine
Más rey que la seguridad.
Evita el humo de los clubs,
Reduce la velocidad.
Si lo que quieres es vivir cien años
Vacúnate contra el azar.

Deja pasar la tentación
Dile a esa chica que no llame más
Y si protesta el corazón
En la farmacia puedes preguntar:
¿tiene pastillas para no soñar?

Si quieres ser Matusalén
Vigila tu colesterol
Si tu película es vivir cien años,
No lo hagas nunca sin condón.
Es peligroso que tu piel desnuda
Roce otra piel sin esterilizar,
Que no se infiltre el virus de la duda
En tu cama matrimonial.

Y si en tus noches falta sal,
Para eso está el televisor.
Si lo que quieres es cumplir cien años
No vivas como vivo yo.


Deja pasar la tentación
Dile a esa chica que no llame más
Y si protesta el corazón
En la farmacia puedes preguntar:
¿tiene pastillas para no soñar?

NCR

 Achegueime a ela para darlle o bico prometido anteriormente. Depositeino con dozura na súa meixela dereita. Tiña a pel suave, cálida. Sen abrir os ollos, intentei repetir o movemento. Pero ela, sen coñecer as miñas intencións xirou a cabeza. Os nosos beizos atopáronse e ningunha quixo separarse.  Mais un berro entre a multitude obrigounos a mirar cara adiante. Seguimos ollando o partido coma senada sucedese, convertidas en estatuas de xeo entre aquela algarabía. Ata que volvemos a xirarnos, e ao mirarnos aos ollos, bicámonos xa con paixón. Protexidas das miradas indiscretas por algún tipo de feitizo, non había nada que se interpuxese entre o desexo mutuo. Ata que no móbil comezou a soar Guns 'n' Roses, sinal de que era hora de erguerse para ir ás clases.

Unha rosa seica é unha rosa....


- Ola. Como te chamas?
- Patricia.
- Entón isto é para ti.
- Pero, quen mo manda?
- Non sei. Deumo a rapaza da floristería para que llo dese á Patricia que traballa aquí.
-Ah, vale. Moitas grazas entón.
- De nada.
Ollou como se alonxaba a anciá. Colleu a rosa vermella que deixara no mostrador e leu a nota: "Quérote meu amor".
Apurouse a agochala das miradas indiscretas das dúas clientas que estaban na tenda.

Sumiso amor

Ven, achégate. Aproxímate máis. Quero sentir o teu cheiro ben adentro. Que sexa o osíxeno que inhalen os meus pulmóns. Quero que na miña retina só se reflita a imaxe das túas pupilas. Tatúa o teu nome na miña pel. Deixa que os meus macrófagos engulan a tinta china que debuxa a túa identidade. Dá un paso máis. Ata que sexa o teu miocardio quen regule a miña presión arterial. Controla tamén que flue polas miñas veas. Dáme da túa adrenalina, da túa hemoglobina. Non quero das miñas. Prefiro as túas, que me fan sentir mellor. Acércate. Xa falta pouco. Noto como os teus neurotransmisores regulan os meus actos reflexos. Así. Encántame. Desexo ser un apéndice do teu corpo, que te acompañe sempre, que cumpla todos os teus mandatos. Que marabillosa sensación!

Mensaxe subliminal

De repente desaparecera. Coma o globo que un neno agarra fortemente, pero que nun descoido, ascende lixeiro ocultándose rapidamente tras as nubes. Coma a alegría nunha sala de autopsias, coma o pecado no interior dunha igrexa. Escondida, metida en non sei que sitio, ela seguía a verme. Xogaba en desventaxa, porque eu non sabía nada acerca do seu paradoiro. Pregunteime moitas veces onde se metera, pero non fun quen de obter unha conclusión lóxica. Ata onte. Nun descoido, uns ollos, o seu pelo. Quizais todo fora produto da miña imaxinación, pero víraa. E naceu algo no meu interior cando me dixo que seguía léndome, escoitándome, aínda que eu non soubese que estaba alí. :)

Hoy no.

No quiero quererte. No quiero llenar tu oído de palabras vacías desgastadas de tanto uso. No quiero tener que decir tu nombre para sobrevivir. No quiero tener tu cara en mi mente a cada instante. No quiero saber tu número de teléfono de memoria. No quiero que tus ojos me miren desde el fondo de cada vaso de vodka. No quiero que sea tu voz la que suena entre los arboles en un día de viento. No quiero que tus lágrimas me ahoguen en un mar infinito. No quiero ver tu nombre en todas las entradas de un diccionario. No quiero que tu risa eclipse a todas las demás cuando tú no estás. No quiero pintar los latidos de tu corazón en cada pared desnuda. No quiero sentirte cerca de mí cuando quiero estar sola. No quiero quererte.

Lupe Gómez

O amor foi
un trallazo moi forte
que rompeu a 
ventá. E quedou rota
para sempre. Eu limpei
do chan 
os cristais. Corteime
con eles
en tódolos dedos.

Manuel M. Romón

maría
tres sílabas nos beizos
preñadas 
de vento/
maría
nome elemental
para escribilo nas paredes
-esprai nos dedos-/
maría
espiral
maría 
na 
noite
silencio/
maría
corpo concreto 
maría
muller:
nas rúas
e...
maría
ti 
e eu
espallados
pola galicia
a xeito
de panfleto.

Buscándote...

Onde estás? Tan misteriosamente como chegaches, marchaches. Non sei a que sitio hei de ter que ir buscarte. Intentei agarrarte algunha vez nos meus soños, pero escorregábaste coma a néboa entre os meus torpes dedos. Quero volver a verte.