Mensaxe subliminal

De repente desaparecera. Coma o globo que un neno agarra fortemente, pero que nun descoido, ascende lixeiro ocultándose rapidamente tras as nubes. Coma a alegría nunha sala de autopsias, coma o pecado no interior dunha igrexa. Escondida, metida en non sei que sitio, ela seguía a verme. Xogaba en desventaxa, porque eu non sabía nada acerca do seu paradoiro. Pregunteime moitas veces onde se metera, pero non fun quen de obter unha conclusión lóxica. Ata onte. Nun descoido, uns ollos, o seu pelo. Quizais todo fora produto da miña imaxinación, pero víraa. E naceu algo no meu interior cando me dixo que seguía léndome, escoitándome, aínda que eu non soubese que estaba alí. :)

1 comentario:

  1. Non sei se son os seus ollos..a sua forma de mirarme..a forma en que me trata..o cariño que desprende..Pero o que si sei..È: que è tan especial como nunca antes ninguèn o foi..
    È algo que xamais quero perder..q me gustaria ter ahi sempre..è para min..coma para un neno un xogete..que se llo quitan chora..
    Non sei o que è,ou quizàis si o sei e non o quero saber..pero o que si sei è que se lle da nome de sentimento..aìnda que o sentimento concreto non se poida dicir..

    ResponderEliminar