Sumiso amor

Ven, achégate. Aproxímate máis. Quero sentir o teu cheiro ben adentro. Que sexa o osíxeno que inhalen os meus pulmóns. Quero que na miña retina só se reflita a imaxe das túas pupilas. Tatúa o teu nome na miña pel. Deixa que os meus macrófagos engulan a tinta china que debuxa a túa identidade. Dá un paso máis. Ata que sexa o teu miocardio quen regule a miña presión arterial. Controla tamén que flue polas miñas veas. Dáme da túa adrenalina, da túa hemoglobina. Non quero das miñas. Prefiro as túas, que me fan sentir mellor. Acércate. Xa falta pouco. Noto como os teus neurotransmisores regulan os meus actos reflexos. Así. Encántame. Desexo ser un apéndice do teu corpo, que te acompañe sempre, que cumpla todos os teus mandatos. Que marabillosa sensación!

No hay comentarios:

Publicar un comentario