Ausente

Sentada neste sitio descoñecido, de cara a un mundo alleo, sinto que sen ti estou perdida.
Non hai nada que teña seguro agora que ti non estás aquí.
Deixarei que quente o mesmo sol sobre os mesmos árbores baixo os que pasea a mesma xente... pero xa nada é igual.
Aínda que ninguén repare nese cambio, xa nada é o mesmo desde que ti non estás. O sol apagouse, as árbores secaron e a xente morreu en vida.
Faltas ti.

Sólo sueños son.

Los sueños se gastan. Se gastan de estar archivados en un rincón, de estar esperando a que tú te decidas a cumplirlos. Se aburren de tu indecisión, de tus miedos. Atrévete a saltar y ponles alas. ¿Qué puede ser lo peor? ¿Que las cosas no salgan como tú las planeabas? Pues yo prefiero que se hagan añicos porque una ráfaga de aire hizo tambalear su vuelo, a ver como se hunden bajo una gruesa capa de olvido. Y en el medio de ese viaje, quiero que conozcan tus labios. Quiero que se deslicen por ellos como una gota de lluvia, como lo hace mi lengua. Quiero que se introduzcan en tu boca y se deslicen por todo tu interior, empapándose de ti. Quiero hacer que en mis sueños también aparezcas tú. Quiero que tu sonrisa sea la viajera del asiento de al lado, que tu voz inocente sea la música que se escuche a todas horas en la radio. Quiero vivir mis sueños contigo.

Venres, 25 de xuño, 19:35h.


De repente comezan a aparecer estados no tuenti, comentarios, "APROBEI". O meu móbil comeza a soar: "Lloverá y yo veré la lluvia caer, lloverá y yo veré la gente correr...". Cólloo e non entendo nada do que me din. Alguén que se trabucou. Chamo a Xoán.
-Que sacaches?
-Aínda non o sei. Estou no bus.
-Queres que cho mire?
Entro na páxina e introduzo o DNI. Voullas recitando ao mesmo tempo que as leo. Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura, Historia da Filosofía, Inglés, Debuxo Técnico... Quieta, volve atrás. Historia da Filosofía. Aristóteles. Acto e potencia. Hume. "Que sempre que golpee a bóla de billar pase iso, non quere dicir que sexa consecuencia do anterior". Descartes. "Do único que non podo dubidar é de que estou dubidando". Kant. "Fai aquilo que desexarías que se convertese en lei universal, aquilo que calquera na túa situación debería facer". Parménides. "O que é é e pode pensarse, e o que non é non é nin pode pensarse". Sócrates. "Eu só sei que non sei nada".
E tiña razón. Non sei nada. Nin do que eu penso, nin do mundo, nin de ti.

A través del espejo.

Estaba atrapada detrás de un espejo. La gente sólo veía mis movimientos al revés de como yo los hacía. Ellos veían tristeza donde yo ponía una sonrisa, veían caer mis lágrimas de desesperación pensando que era alegría. Pensaban siempre que yo era una piedra que no se inmutaba ante nada, pero al contrario. Todo lo que ellos hacían me afectaba.
Pero tú, sólo tú fuiste capaz de romper el espejo y ver el alma que guardaba en su interior. Sólo tú, quizás cegada por la desesperación, fuiste capaz de acercarte a mí y hacerme parte de tu vida. Sin que ninguna de las dos fuera consciente de ello, nos atamos en un lazo que nunca se romperá. Ahora, tres años después de ver tus ojos llorosos, sé que nunca podré olvidarlos.

174

Que si, que te boto moitísimo de menos. Que me dá igual que pase o tempo, ti segues faltando. E sei que non volverás, pero todo é diferente agora que non estás ti.  Porque a música perdeu gran parte do seu encanto desde que ti non a escoitas. Porque baixar a costa non é o mesmo dende que sei que ti non me vas esperar abaixo. Non logro quitarme da cabeza o berro que estremeceu a miña vida a noite de Fin de Ano. Ese berro que xurdeu de min e que ninguén puido atallar. Porque non sabía como dicirche adeus, e nin sequera hoxe sei como facelo. Porque algo se sacude no meu interior cando escoito a túa música, a nosa música.
Hai algo que me gustaría, aínda que xa sei que non vai suceder. Gustaríame verte na miña graduación. Sei que falta moitísimo, e nin sequera estou segura de que vaia suceder, pero nada me faría máis ilusión que ver o teu corpiño escuchumizado nunha desas butacas. Pero aínda que ti non esteas, heite de sentir coma se estiveses. Porque me axudaches a loitar, porque son parte de ti e ti de min, porque sempre te levo comigo.
Porque te quero.

Instruccións para esta noite.

Colle unha fieita. Procura que sexa grande, lustrosa. Tamén precisas un estalote e unha flor de sabugo. Si, desas que cheiran moito. Ten coidado, non as metas na boca, que son velenosas. Fai un ramiño con todo. Adórnao con un par de rosas vermellas, desas que nacen na silveira. Para que non se che desfaga, átao todo con un xunco. Agora tes que facer seis ramalliños máis, para ter sete ao final. Tes que colocalos arredor da porta. Méteos nos buratiños que hai entre as pedras. Pon un enriba da porta, e tres a cada lado. Ben feito. Xa preparaches a porta. Agora as meigas non poden entrar na casa para facer mal.
Colle agora unha palangana con auga. E flores daquela caraveleira. Desfóllaas e bota os pétalos na auga. Pon a palangana nun sitio onde lle vaia dar a luz da lúa toda a noite. Mañá pola mañá tes que lavar a cara con esa auga. É moi boa. Din que se te lavas con ela, non vas ter problemas na pel e que a vas conservar fermosa e chea de xuventude. Ademais, éche unha auga moi olorosa, coma se botaras desas colonias, pero máis natural.
Só che falta a derradeira cousa. Xunta todo o que teñas para queimar na casa. Unha mesa vella, papeis, cartóns, leña.... Se non atopas, colle unha gabela de toxos e fai unha morea con todo. Procura que sexa lonxe das silveiras e de cables da luz. Vaslle prender lume, así que ten tino para despois non provocar un incendio. Escribe nun papel o que teñas que recitar cando saltes a cacharela "Salto por riba do lume de San Xoán para que non me morda cadela nin can nin cóbregha antre o pan". Cando lle prendas lume a todo, mete ese papeliño no medio tamén.
E agora só tes que desfrutar da noite máis longa do ano. Unha noite na que as meigas saen a facer das súas, pero na que tamén aparecen as mouras para ofrecer preciosos tesouros e cumprir os desexos máis ocultos.

Cristina Peri Rossi.

No quisiera que lloviera...

No quisiera que lloviera
te lo juro
que lloviera en esta ciudad
sin ti
y escuchar los ruidos del agua
al bajar
y pensar que allí donde estás viviendo
sin mí
llueve sobre la misma ciudad
Quizá tengas el cabello mojado
el teléfono a mano
que no usas
para llamarme
para decirme
esta noche te amo
me inundan los recuerdos de ti
discúlpame,
la literatura me mató
pero te le parecías tanto.

Asco de mundo

Ás veces gustaríame pechar ben forte os ollos e non ser capaz de abrilos nunca máis. Para a maioría sería unha traxedia. Deixar de ver cores, formas, de ver rostros coñecidos. Pero para min, sería un alivio. Deixar de ver todo iso que desagrada, que causa dor, deixar de ver as miradas que se cravan na miña cara escaravellando a ver que rastro de dúbida poden atopar.
Aínda que non volver a ver endexamais o verde do teu ollar... é un prezo demasiado alto que non alcanzo a pagar.
Seguirei vendo entón, porque ti estarás aí para demostrarme que a beleza existe, que non é unha utopía, e que canda ela, existe tamén o amor.

"Yo creo que he visto unos ojos como los que he pintado en esta leyenda. No sé si en sueños, pero yo los he visto. De seguro no los podré describir tal cuales ellos eran: luminosos, transparentes como las gotas de la lluvia que se resbalan sobre las hojas de los árboles después de una tempestad de verano. De todos modos, cuento con la imaginación de mis lectores para hacerme comprender en este que pudiéramos llamar boceto de un cuadro que pintaré algún día."

Irene

As súas pequenas mans enredáronse nas miñas buscando... non sei moi ben o que buscaban. Agarrou o meu dedo con forza, reténdome ao seu carón. E coa outra man, enredou coas cores que engalanaban o meu antebrazo. O azul dos seus ollos amosaba unha inmensa e inocente alegría.

.

Tras unha mañá de estudo....

ESFINGOLÍPIDOS

Su base estructural es la ceramida. Dependiendo de lo que lleve unido, tendremos:

1. Fosfoesfingolípidos, que llevan fosfato.

2. Glucoesfingolípidos, que llevan una porción glucídica. Pueden ser, a su vez:
  a) Cerebrósidos: llevan glucosa o galactosa
  b) Sulfátidos: son galactocerebrósidos sulfatados en posiciones 3 o 6 de la galactosa. Tienen un papel muy importante en el buen funcionamiento cerebral, la memoria y la inteligencia.
  c) Gangliósidos: presentan una porción glucídica variable, pero siempre llevan ácido N-acetilneuramínico.


Por que sinto que estou falta de sulfátidos? Por que sinto que non son capaz de reter nada na memoria? E por que ti non te vas da miña mente?


Unha compaña de mortos vai berrando libertade

Eran sete as persoas que camiñaban baixo os paraugas. O primeiro deles levaba un rosario na man. Os que o seguían dispoñíanse en parellas, e todos levaban un cirio na man. O cheiro a cera queimada era notable. 
Ao seu paso, a chuvia caía con máis forza, levantábanse refachos de vento, amainaba a luz do día. Pese a auga que caía e as aireadas, a chama das candeas permanecía intacta, sen sufrir polas condicións adversas.
Os sete camiñaban cun paso lento, solemne, cerimonioso. Coma o camiñar dunha procesión. Desprazábanse sen facer ruído, pero polo baixo escoitábase un besbexo de voces. Un murmurio constante, unha letanía. 
O barullo propio da rúa apagouse ao seu paso. A xente desapareceu, quedaron as rúas desertas, coma para facilitarlles o paso.
Os vellos dirían que era a Santa Compaña. 







die Fee.


A súa mirada é o máis enmeigador que se viu nunca sobre a face da Terra. Nunca houbo unha beberaxe que anulase tan ben as conciencias coma o seu sangue. As verbas antigas dos feitizos quedan absurdas ao lado das palabras que brotan da súa boca. Non precisa de polviños para que suceda aquilo que tanto desexa.
Ninguén sabe se ela é consciente deste don, pero o que ninguén dubida é que non hai vontade humana ou sobrehumana que poida resistirse aos seus designios.
Uns chámalle fada, outros meiga. Incluso hai quen a chama bruxa.

¿Qué clase de aventura has venido a buscar?

- Hola morena. ¿Qué hace una chica como tú en un sitio como este?
- Estoy buscando una saliva extraña que lama mis heridas, mariposas que aniden en mi estómago, un colchón que se haga pequeño, ser dos en la cena familiar.
- Yo sólo puedo ofrecerte una noche de sexo sin compromiso.
- La acepto.

"Ergue as túas mans ata que cheguen ao ceo. Colle as estrelas, foron feitas para ti"




Nerea colleu a cadeira e subiuse a ela. Estirou os brazos ata ser capaz de apoiar as palmas no teito. Botou unha ollada arredor. Detivo a vista sobre a fotografía que estaba sobre o seu escritorio. Era un retrato en branco e negro dunha moza. Espida, de costas, cuberta por pétalos de rosas,...
>Pero había outra muller preto. Estaba na mesma posición e mirábanse unha á outra. Unha chama de desexo ardía nas súas pupilas. Cun movemento simétrico achegáronse e bicáronse nos beizos. Nerea sentiu que as súas veas acababan de rebentar ante o subidón de adrenalina que significou ese xesto. A muller tiña un corpo ben feito, tiña ganas de acaricialo. E non se resistiu.
.

Unha pastilla para soñar cousas bonitas, por favor.

Sobrevivir xa pagou a pena só por coñecerte a ti.
Preguntáchesme como fora capaz de resistilo, de calar, de non converterme nunha psicópata por aguantar todo aquilo. A verdade é que non o sei. Supoño que o ser humano é extraordinario.
Non creas que eu nunca me fixen esa pregunta. É un interrogante que sempre estivo na miña mente, pero nunha tivo unha resposta. Moitas veces imaxinei que pasaría se tería acontecido se non aguantase, se caese, se acabase sendo unha psicópata sen sentimentos. Pensei nesa posibilidade, e houbo moitas en que me pareceu unha idea atractiva. Era a única alternativa que vía para non seguir atada por este medo.
Pero hoxe deime de conta de que non era unha boa opción. Alégrome de ter loitado para en tardes coma a de hoxe sorrir na terraza dun bar ante os teus ollos ilusionados.

De volta á casa.

Estaba un día espléndido. Decidiu entrar nunha tenda de lambonadas para coller un granizado de limón. Apetecíalle tomar algo ben frío. Co seu novo refresco, adentrouse na rúa do Franco para volver á casa. Estaba ateigada de turistas. Distinguiu acentos ingleses, franceses, andaluces, os ollos rasgados de varias chinesas, a gran elegancia dun grupo de italianos. Pero deuse de conta de que todos a miraban. Con maior ou menor disimulo, todos pousaban os seus ollos sobre ela. Sorprendeuse disto e analizou mentalmente que era o que podía chamar tanto a atención. A roupa que levaba posta era do máis corrente, a maquillaxe era suave, o seu peinado era o mesmo de todos os días... Non sabía de que podía tratarse. Intentou seguir camiñando sen que lle afectasen as miradas, pero supoñíanlle unha incomodidade. Ao pasar por diante do cristal dun restaurante, mirou o seu reflexo a ver se vía algo estraño, pero non atopou nada.
Ao pasar por diante da praza de Fonseca, unha rapaza achegouse a ela. Pediulle se lle podía sacar unha foto. Ela non se negou, pero preguntoulle o motivo.
"Tes unha mirada tan luminosa, que nin a máis brillante das estrelas podería facerche fronte. Gustaríame ser eu a afortunada á que lle adicas ese sorriso".



.