De volta á casa.

Estaba un día espléndido. Decidiu entrar nunha tenda de lambonadas para coller un granizado de limón. Apetecíalle tomar algo ben frío. Co seu novo refresco, adentrouse na rúa do Franco para volver á casa. Estaba ateigada de turistas. Distinguiu acentos ingleses, franceses, andaluces, os ollos rasgados de varias chinesas, a gran elegancia dun grupo de italianos. Pero deuse de conta de que todos a miraban. Con maior ou menor disimulo, todos pousaban os seus ollos sobre ela. Sorprendeuse disto e analizou mentalmente que era o que podía chamar tanto a atención. A roupa que levaba posta era do máis corrente, a maquillaxe era suave, o seu peinado era o mesmo de todos os días... Non sabía de que podía tratarse. Intentou seguir camiñando sen que lle afectasen as miradas, pero supoñíanlle unha incomodidade. Ao pasar por diante do cristal dun restaurante, mirou o seu reflexo a ver se vía algo estraño, pero non atopou nada.
Ao pasar por diante da praza de Fonseca, unha rapaza achegouse a ela. Pediulle se lle podía sacar unha foto. Ela non se negou, pero preguntoulle o motivo.
"Tes unha mirada tan luminosa, que nin a máis brillante das estrelas podería facerche fronte. Gustaríame ser eu a afortunada á que lle adicas ese sorriso".



.

No hay comentarios:

Publicar un comentario