174

Que si, que te boto moitísimo de menos. Que me dá igual que pase o tempo, ti segues faltando. E sei que non volverás, pero todo é diferente agora que non estás ti.  Porque a música perdeu gran parte do seu encanto desde que ti non a escoitas. Porque baixar a costa non é o mesmo dende que sei que ti non me vas esperar abaixo. Non logro quitarme da cabeza o berro que estremeceu a miña vida a noite de Fin de Ano. Ese berro que xurdeu de min e que ninguén puido atallar. Porque non sabía como dicirche adeus, e nin sequera hoxe sei como facelo. Porque algo se sacude no meu interior cando escoito a túa música, a nosa música.
Hai algo que me gustaría, aínda que xa sei que non vai suceder. Gustaríame verte na miña graduación. Sei que falta moitísimo, e nin sequera estou segura de que vaia suceder, pero nada me faría máis ilusión que ver o teu corpiño escuchumizado nunha desas butacas. Pero aínda que ti non esteas, heite de sentir coma se estiveses. Porque me axudaches a loitar, porque son parte de ti e ti de min, porque sempre te levo comigo.
Porque te quero.

No hay comentarios:

Publicar un comentario