Inesperadamente.

Outra vez clase de bioquímica. ADN, helicasas, SSB e ARNpolimerasas que se enredan sen sentido. Proteínas que se acoplan, desemburullan, ADN que se duplica. Van dun lado ao outro do cerebro sen atopar un lugar onde instalarse. E mentras marcho da facultade, van quedando abandonadas facendo un regueiro, sendo pisadas por todos os estudantes que tamén van vertendo as súas. E durante un intre, teño a mente en branco, completamente baleira, por iso non a vexo. Só percibo a alguén que está parado na porta. Pero unha brisa que se filtra entre a multitude tráeme un aroma familiar. Unha colonia. Non coñezo a marca, pero é moi cercana. E vexo entón a súa silueta, perfectamente debuxada, o seu cabelo negro desordeado, o seu cigarro sempiterno, os seus ollos verdes, ilusionados, mirándome. Estábaa vendo pero a miña mente negábase a crelo. Lentamente, acerqueime a ela. Estirei unha man e acaricieille a meixela. Ela puxo a súa man sobre a miña. Todo indicaba que era ela. Pero non podía ser. Todos os meus sentidos apuntaban a que era real, que non era unha alución. Aínda así, era demasiado surrealista. Pero no fondo, que me importaba? Fora un froito da miña imaxinación ou non, estaba alí, e eu ía disfrutar dela. Tireime aos seus brazos, abraceina, biqueina. Si, era real. As súas apertas de resposta estaban dicíndomo. Agarreina forte para que non volvese escapar. E non puiden evitar que unha pequena bágoa se asomase ao meu ollo para vela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario